Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/53-2, 5160 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. saída, da subestación de Becerreá (Becerreá).

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: seis liñas de media tensión subterránea correspondentes ás saídas da liña de: 1ª Cervantes de 115 metros, 2ª As Nogais de 65

metros, 3ª Triacastela de 65 metros, 4ª Navia de 155 metros, 5ª O Corgo de 155 metros, 6ª centro de reparto de Becerreá de 120 metros. As seis liñas baixo tubo de polipropileno e en conductor R.H.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo