Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/124-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Portela-Vilaboa..

Situación: A Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 217 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Sabucedo ata o C.T. que se proxecta en Vilaboa, concello da Estrada, C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20kV-380/220 V. R.B.T, aérea, de 220 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Vilaboa. R.B.T. aérea, de 665 m de lonxitude, con conductor R.Z., desde o C.T. Portela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra