Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Ermida-O Pazo.
Situación: Crecente.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 1.172 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio metálico da L.M.T. ó C.T. Filgueira, rematando no C.T. que se proxecta na Ermida-O Pazo, concello de Crecenta. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 710 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de exe
cución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.
Pontevedra, 26 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra