Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1998 e as listas definitivas das axudas do dito fondo e relativas ó persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1998 e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 7 dos criterios xerais que rexen para o fondo de acción social de 1998, publicados por Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 146, do 30 de xullo), procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreu o prazo de alegacións previsto no punto terceiro da Resolución do 25 de marzo de 1999 (DOG nº 60, do 29 de marzo).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 17 de xullo de 1998, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1998.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data da publicación desta resolución, de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Subv. alugueres232211.270.487
Adq. vivenda1165650.000
Sub. préstamos hipotecarios554783.256.338
Estudios23212471.000
Educación fillos158147118.210.000
Tratamentos saúde7857211.507.316

Total3483004815.365.141