Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sita na rúa Progreso, 56, de Ourense.

Visto o expediente instruído a instancia de Carlos Suárez Cayero, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Ourense, na rúa Progreso, 56, da axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo C.I.E. nº 68, que ten a súa casa central en Bilbao, na rúa Gran Vía, 81.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta dirección xeral de turismo,

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Viajes Ecuador, S.A., sita en Bilbao, na rúa Gran Vía, 81, da que é titular a entidade mercantil Viajes Ecuador, S.A., a apertura dun novo establecemento en Ourense, na rúa Progeso, 56, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo