Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización para amplia-la subestación de Albarellos. (Expediente 1749 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Título: ampliación da subestación de Albarellos.

Situación: Boborás.

Orzamento: 129.610.079 ptas.

Características técnicas: prolongación do actual embarrado de 220 kV para permiti-la instalación de dous novos módulos e a previsión dun terceiro. 1º da liña de 220 kV Monte Seixo e 2º da liña de 220 kV Castrelo, que irán equipados con 2 seccionadores de In 2000 A, 2 interruptores automáticos SF de In 3150 A, 6 autoválvulas de 20 kA, transformadores de intensidade e de tensión e dispositivos de posta a terra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-5ª-Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense