Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/145-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Rabadeira-Ribadetea.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, desde a L.M.T. xeral de distribución ata o C.T. que se proxecta en Rabadeira-Ribadetea, Concello de Ponteareas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-242/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra