Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave PO-99-8.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía da obra variante de Marín.

Clave: PO/99/8.1.

Orzamento: catorce millóns oitocentas oitenta e catro mil oitocentas cincuenta e tres pesetas (14.884.853 ptas.).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe expresamente referido á presente licitación, emitido por unha institución financeira de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños cunha experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto da Escola de Técnicos de Obra Lalín-Pontevedra e para os traballos de dirección de obra.

Clave: PO/99/18.3.

Orzamento: dez millóns duascentas oitenta e tres mil novecentas oitenta pesetas (10.283.980 ptas.).

Prazo de execución: 14 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe expresamente referido á presente licitación, emitido por unha institución financeira de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista e director das obras será un arquitecto superior con experiencia como proxectista.

-O redactor do estudio de seguridade e saúde será un arquitecto técnico ou aparellador, con experiencia en dirección de obras e seguridade e saúde, logo encargarase da dirección das obras e será o coordinador de seguridade e saúde.

Acreditarase conforme o previsto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción, incluída cartografía, da obra de acondicionamento da estrada C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: Polígono industrial de Sarria-Saa.

Clave: LU/99/36.1.

Orzamento: trece millóns oitocentas trinta e catro mil trescentas sesenta e nove pesetas (13.834.369 ptas.).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe expresamente referido á presente licitación, emitido por unha institución financeira de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-De que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O proxectista será un enxeñeiro de camiños cunha experiencia en proxectos de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1999.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

3898