Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2845; XG-314, entre Carballo e A Tablilla, con anexos, por substitución da concesión: V-2845; XG-314, entre Carballo e A Tablilla, con anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 12 de marzo de 1999, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Hermanos Pallas, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral

de transporte de viaxeiros por estrada: V-2845; XG-314, entre Carballo e A Tablilla, con anexos, por substitución da concesión: V-2845; XG-314, entre Carballo e A Tablilla, con anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Carballo, Sofandónigo, Campos de Bolón, Paradela, Tarambollo, Agras, Río, Silva e A Tablilla.

* Paradela, Seixal, Gándara, Guntián, Charrúa, Outeiro e Campos de Bolón.

* Silva e Gosende.

* Agras, Covas, Freixal e Tarambollo.

* Agras, Pedreira, Albeiro, Calvelo e Tarambollo.

* A Tablilla, Bardados, Abeleira, Pontepedra, Balsa, Piñeiro, Codesal, Viladabade, Paraños, Ambroa, Alborín, San Sadurniño, Calvos, Cornaces, Caparos, Aldemunde de Arriba, Aldemunde de Abaixo e Río.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Gosende-Silva-A Tablilla-Pontepedra, puntos intermedios e viceversa.

* Entre Ambroa e Alborín, puntos intermedios e viceversa.

* Do tramo Alborín-Ambroa para o tramo Silva - Gosende.

* De e entre Sofandónigo e Carballo, puntos intermedios e viceversa. A última parada para tomar viaxeiros en dirección a Carballo, e a primeira para deixalos, sendo Carballo parada de orixe, realizaranse na estrada Silva-Carballo, 250 metros antes do cruzamento coa estrada A Piña-Sofandónigo.

III. Expedicións e calendario.

A Tablilla - Silva - Gosende - Silva - Río - Agras Tarambollo Paradela - Guntián - Campos de Bolón - Carballo.

* Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

* Unha expedición de ida e volta os sábados laborables e 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

A Tablilla - Pontepedra - Ambroa - Alborín - Río - Agras - Pedreira - Calvelo - Tarambollo - Freixal - Covas - Agras - Tarambollo - Paradela - Campos de Bolón - Carballo.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables e 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

Carballo - Campos de Bolón - Guntián - Paradela - Tarambollo - Covas - Agras - Pedreira - Calvelo.

* Unha expedición de ida de luns a sábados laborables e 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

Carballo - Campos de Bolón - Paradela - Tarambollo.

* Unha expedición de ida e volta os luns, martes, mércores, venres e sábados laborables.

* Dúas expedicións de ida e volta os xoves e 2º, 4º e 5º domingo de cada mes.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,3528 pesetas.

* Tarifa usuario: 8,9374 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,2529 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes