Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 20 de maio de 1999 Páx. 6.077

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (188/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 188/1998-10, por instancia de axentes da policía nacional 26678 e 43219, contra Alejandro López Marote, e nas súas actuacións se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din literalmente:

«Sentencia. En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 188/1998, no que actuaron como partes, como denunciantes, policías nacionais número 26678 e 43219 e, como denunciado, Alejandro López Marote e, como prexudicado, Rodrigo Villar García Moreno foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a Alejandro López Marote da falta da que fora acusado, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor na primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que

formulase a oportuna reserva e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Alejandro López Marote, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trece de abril de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado