Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 21 de abril de 1999, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras da 2ª fase e última da adecuación do baixo cuberta da casa do concello para destinalo a arquivo municipal do Concello da Pontenova.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: execución das obras 2ª fase e última da adecuacion do baixo cuberta da casa do concello para destinalo a arquivo municipal do Concello da Pontenova.

Lugar de execución: termo municipal da Pontenova.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Orzamento de licitación: 3.495.634 ptas. IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional: 69.913 ptas. e definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Anuncio extenso no BOP de Lugo, nº 99, do 4 de maio de 1999.

A Pontenova, 5 de maio de 1999.

Enrique Fernández González

Alcalde