Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Aprobada polo órgano municipal competente a memoria valorada e o prego de condicións económico-administrativas, de conformidade co artigo 79 da LCAP anúnciase o concurso público polo procedemento aberto, para adxudica-las obras da rede

de sumidoiros en Valiños e Aloqueiro, exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de se formulárense reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Guarda.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 1/PIEL/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: rede de sumidoiros en Valiños e Aloqueiro.

b) Lugar de execución: A Guarda.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 9.520.091 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Guarda.

b) Domicilio: praza de España.

c) Localidade: A Guarda.

d) Teléfono: 986 61 00 00.

e) Fax: 986 61 02 83.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación de ofertas.

En man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello da Guarda, praza de España 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte á apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego, se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 20 de abril de 1999.

A alcaldesa

Rubricado