Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 60/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza; As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso público: 60/1999.

Adquisición de material de ortopróteses.

Lote 1: órtese.

Lote 2: prótese membro inferior.

Lote 3: prótese membro superior.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica achegado na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato:

6-4-1999.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares da subministración.

6. Ofertas recibidas:

Tres.

7. Nome e dirección do provedor ou provedores:

Lote 1: Orto-Reha, S.L.; r/ Palomar, 10. 15004 A Coruña (España).

Lote 2: E.O.Prim, S.A.; r/ Rey Abdullah, 9. 15004 A Coruña (España).

Lote 3: Orto-Reha, S.L.; r/ Palomar, 10. 15004 A Coruña (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 14.549.355 ptas. (87.443,385 euros).

Lote 2: 63.455.510 ptas. (381.375,296 euros).

Lote 3: 8.387.850 ptas. (50.411,994 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación.

10. Outras informacións.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial das Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

DOCE: 16-12-1998.

BOE: 15-12-1998.

DOG: 16-12-1998.

12. Data de envío deste anuncio: 23-4-1999.

13. Data de recepción deste anuncio:

A Coruña, 14 de abril de 1999.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña