Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 36/83/98-bis, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a proposta de resolución do expediente sancionador nº 36/83/98-bis, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á interesada, para que no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, formulen as alegacións que estimen convenientes, ante o instructor do expediente.

Expediente: 36/83/98-bis.

Inculpado: Mudanzas Miguel Pérez Organero, S.L.

Enderezo: r/ México, 3-3º Ofic. 2 - Vigo.

Motivos: fraude na prestación de servicio.

Proposta de sanción: 200.000 ptas.

Data da proposta de resolución: 29-3-1999.

Pontevedra, 13 de abril de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra