Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 19 de maio de 1999 Páx. 6.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 31/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación

transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 928 m de lonxitude, con orixe na liña Polveira-Suacosta (expediente 3345) e final no C.T. Ponte-Barqueiros que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Ponte-Barqueiros, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 410 m de lonxitude.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Ponte-Barqueiros, no termo municipal de Trazo (expediente 31/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 8 de abril de 1999

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 31/99 Provincia: A Coruña

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Ponte-BarqueirosTermo municipal: Trazo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Os TorreirosLabradíoAvelino González RosendeRosende-Chaián, s/n,

15678, Trazo

œ 1+œ 22101505

3Os TorreirosMonte altoAndrés Nielo Liñares e 6 máisPorto-Chaián, 12,

15687, Trazo

œ-2127216

4Fonte QuentePradoAvelino González RosendeRosende-Chaián, 9,

15687, Trazo

180

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5MesuraLabradíoAlberto Rey VieitesPolveira-Chaián, 16

15687, Trazo

œ-311441.210

6MesuaMonte altoDaniel García CasasBatalla de Clavijo, 14, 15703,

Santiago de Compostela

234

9ZancanovaMonte altoAlsira García Casasr/ Xasmíns, 10-10º B, 15704,

Santiago de Compostela

607

11FontiñaMonte altoLino González Iglesiasr/ Teo, 11-2º Izq., 15704,

Santiago de Compostela

2342.384

12CotoreloMonte altoManuel Ferro Rodríguezr/ Xasmíns, 8, 15704,

Santiago de Compostela

1421.292