Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. desvío L.M.T.-C.T. Mantelas.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde a L.M.T. ó C.T. Mantelas, rematando no apoio 13 da L.M.T. S.D.M. 709, concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 25 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra