Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 1999 sobre integración na escala de Inspección de Turismo creada pola Lei 9/1997, do 21 de agosto.

O Decreto 315/1998, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento da inspección turística, determina o procedemento de integración na escala técnica de inspección de turismo creada pola Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia. Esta norma, na súa disposición transitoria segunda, establece os requisitos esixidos para a integración na escala, sinalando que os interesados deberán te-la condición de funcionario/a pertencentes ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B; que, á entrada en vigor do Decreto 315/1998, desempeñen funcións de inspector de turismo, e formula-la opción de integración no prazo dun mes desde a súa entrada en vigor.

Na súa virtude, revisadas as solicitudes e documentación presentadas no devandito prazo, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no uso da competencia conferida pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

DISPÓN:

Primeiro.-De conformidade co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 315/1998, do 12 de novembro, acreditado que cumpre os requisitos esixidos nela, queda integrada na escala de inspección de turismo creada pola Lei 9/1997, do 21 de agosto, María Teresa Penide Colomer, con DNI 35.400.623.

Segundo.

a) A funcionaria continuará desempeñando o mesmo posto que ocupa na data de efectos da presente orde.

b) Esta integración non producirá cambios na situación administrativa que corresponda á funcionaria integrada no momento en que se faga efectiva.

Terceiro.-A integración terá efectos desde o día seguinte ó da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante, a elección do/a demandante, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo, ou o da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública