Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de rehabilitación e ampliación do museo de Pontevedra.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra por importe de 139.168.890 ptas. (836.421,87 euros).

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C, categoría d.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 6 de maio de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado