Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto para a contratación do Plan 2000 Estradas Deputación, 1ª fase, da anualidade 1997.

1. Obxecto: a poxa ten por obxecto a contratación das obras incluídas no Plan 2000 Estradas Deputación, 1ª fase, da anualidade 1997 que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos trece días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de maio de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Plan 2000 Estradas Deputación, 1ª fase, da anualidade 1997.

Denominación da obra

Lugar de execución

Orzamento (anualidades) da

obra que se vai dirixir

Prazo execución

da obra que

se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Orzamento

honorarios

dirección

Modificado do da Travesía do Seixo na E.P. 3504 de Pedreira a Maniños87.234.909 ptas., 524.292,36 euros

Ano 1999 87.234.909 ptas.524.292,36 euros

Ano 20000,00 euros

Ano 20010,00 euros

Ano 20020,00 euros

Ano 20030,00 euros

6 mesesG-6-dNon se esixe3.489.396 ptas.

20.971,69 euros

0,00 euros