Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 22 de abril de 1999, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas, trámite de urxencia, polo que se rexerá o contrato de servicios de mantemento, conservación e vixilancia do cemiterio municipal, o cal se expón ó público

por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 4.000.000 de ptas. anuais.

Duración do contrato: 4 anos.

Fianza provisional: 80.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sabado en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da Corporación en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no DOG, BOP ou prensa.

Documentación: presentarase en sobres pechados:

Sobre A: subtitulado Oferta económica.

Sobre B: subtitulado Personalidade xurídica e xustificantes.

Sobre C: subtitulado Mellora dos medios persoais e materiais.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 26 de abril de 1999.

José Luis Castro Couto

Alcalde accidental