Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 16 de abril de 1999, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto con mellora, sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación das obras que se sinalarán, expoñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que terá que rexer na contratación referida, podendo ser obxecto de exame e reclamacións neste concello durante o prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP, para o contrato que ten as características que a seguir se indican:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: pavimentación e saneamento do acceso á gardería infantil.

2. Tipo de licitación: 6.500.000 ptas.

3. Partida: 511/60107.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral do Concello de Burela (rúa Pardo Bazán nº 6, Burela).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 130.000 ptas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: fondos propios e deputación provincial.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 3 de maio de 1999.

P.D.F. (Resolución alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro tenente de alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

Modelo de proposición

D..... con domicilio na rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de..... con DNI ou CIF nº..... e con domicilio en.... teléfono....) toma parte no concurso, con procedemento aberto con mellora, sobre proposta da Administración para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación e saneamento do acceso á gardería infantil, e para tales efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de..... ptas., que significa unha baixa de.... ptas., en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta prestada pola Administración, que se indican...., que se compromete á realización de unidades de obra adicional, para determinar pola Administración, por un importe total de.... (en letra e número ptas.) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

4) Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En...., ..... de.... de 19...

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación das obras de.... presentada por: ....

En......, .... de ..... de 19...

O licitador (asinado e rubricado)