Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.833

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de abril de 1999 pola que se convoca o VII Certame Galego de Poesía e Narración Xuventude 99 Francisco Fernández del Riego para autores novos.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura,

especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas Consellerías de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa «Fomento da actividade xuvenil», que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas, así como a posta en práctica de medidas de apoio para os artistas, de acordo co Decreto 488/1997, do 26 de decembro, e o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 99.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca o VII Certame Galego de Poesía e Narración Xuventude 99 Francisco Fernández del Riego para autores novos, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, na que se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo ás partidas orzamentarias 14.05.355B.640.1 e 14.01.211A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

VII Certame Galego de Poesía e Narración

Xuventude 99 Francisco Fernández del Riego

para autores novos

I. Bases.

1. Poden participa-los rapaces e mozos galegos ou residentes en Galicia, dos 10 ós 30 anos, que non teñan publicado ningún libro, establecéndose as seguintes categorías de idade:

Categoría A: dos 10 ata os 13 anos, nados entre os anos 1986 e 1989, ambos inclusive.

Categoría B: dos 14 ós 17 anos, nados entre os anos 1982 e 1985, ambos inclusive.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos, nados entre os anos 1969 e 1981, ambos inclusive.

2. Establécense dúas modalidades para as tres categorías: poesía e narración.

3. Os concursantes deberán formula-la súa solicitude no impreso normalizado que se indica no anexo II e remitirán os seus traballos sen consignar datos persoais, identificándoos cun lema. O lema repetirase no exterior dun sobre pechado dentro do cal figurarán o boletín de inscrición que se indica no anexo III, cos datos persoais do concursante, xunto cunha fotocopia do seu DNI por ámbolos dous lados, ou fotocopia do libro de familia na folla que corresponde ó participante.

4. Os participantes remitirán os orixinais mecanografados a dobre espacio, en folios DIN A4 e a unha soa cara. Poderán presenta-los orixinais e o sobre pechado no Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que teñan establecida a súa residencia habitual, ou na que radique o colexio, instituto ou asociación xuvenil no caso de grupos, podendo ser a:

r/ Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo;

Avda. da Habana, 81-baixo, 32004 Ourense;

r/ Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña;

r/ Mª Berdiales 20-entreplanta, 36203 Vigo;

Indicando no sobre «para o Certame Francisco Fernández del Riego», sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será ata o 30 de xuño de 1999.

II. Desenvolvemento.

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade os consideren merecentes.

No mes de novembro de 1999, na cidade de Lugo, procederase por parte do xurado deste certame ó nomeamento e entrega de premios ós finalistas nas distintas categorías que se establecen nas bases.

III. Premios.

Poesía:

1. Poemas escritos en lingua galega de tema e metro libre, cunha extensión máxima de 150 versos.

2. Establécense os premios seguintes:

Categoría A.

1º 25.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros en galego e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, na campaña Verán-2000.

2º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

Categoría B.

1º 50.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros en galego e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2000.

2º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

3º. Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

Categoría C.

1º 75.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros en galego e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2000.

2º 50.000 ptas., lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

3º 25.000 ptas., lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

Narración.

1. Relatos en galego de tema libre, cunha extensión máxima de 5 folios DIN A4 mecanografados.

2. Establécense os premios seguintes:

Categoría A.

1º 25.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros en galego e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2000.

2º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

Categoría B.

1º 50.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros en galego e unha bolsa para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2000.

2º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

3º Lote de libros en galego e figura de Sargadelos.

Categoría C.

1º 75.000 ptas., figura de Sargadelos, un lote de libros en galego e unha beca para asistir gratuitamente a unha quenda de campamentos ou campos de traballo organizados pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dentro da campaña Verán-2000.

2º 50.000 ptas., figura de Sargadelos e lote de libros en galego.

3º 25.000 ptas., figura de Sargadelos e lote de libros en galego.

Así mesmo, farase entrega a cada un dos participantes nas distintas categorías e modalidades, dun diploma que acredite a súa participación neste certame.

Os premios obxecto desta convocatoria estarán suxeitos ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

IV. Xurado.

O xurado será nomeado polos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

A decisión do xurado será inimpugnable.