Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.833

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 21 de abril de 1999 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

O apartado 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de Servicios Sociais establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o apartado 3º do devandito decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento debará publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e no uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confedera

ción de Empresarios de Galicia, a Aurora Carro Páramo, en substitución de Mª José Rouco Lamela.

Artigo 2º

Nomear como vocal suplente do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Sonia Pardo Díaz, en substitución de Araceli de Lucas Sanz.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais