Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.833

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de febreiro de 1999 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 46, do luns 8 de marzo de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 2.624, anexo III-Baremo de aplicación ás solicitudes de admisión nas escolas infantís, na alínea 1ª, Situación socio familiar, no punto 1.1., onde di: «1 punto», debe dicir: «4 puntos».

-No punto 1.2., onde di: «2 puntos», debe dicir: «4 puntos».