Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.784

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de abril de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Melide número 3 (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 8º do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se cita no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO:

Provincia: A Coruña.

Concello: Melide.

Localidade: Melide.

Código do centro: 15027526.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Melide número 3.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Mestre Pastor Barral.