Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.768

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de abril de 1999 pola que se regulan as autorizacións de transporte público de mercadorías de ámbito local e limitado ó territorio da Comunidade Autónoma en vehículos de ata 3,5 tm de peso máximo autorizado.

Advertidos erros na redacción da mencionada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 72 do 16 de abril de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

No parágrafo 2º da exposición de motivos da orde onde di: «... vehículos dedicados ó transporte público de mercadorías que tiveran un peso máximo autorizado de ata 6.000 kg ...», debe dicir: «... vehículos dedicados ó transporte público de mercadorías que tiveran un peso máximo autorizado de ata 3.500 kg ...».

No parágrafo 6º da exposición de motivos onde di: «... así, os vehículos de ata 6.000 kg de peso cunha actividade ...», debe dicir: «... así, os vehículos de ata 3.500 kg de peso máximo autorizado cunha actividade ...».

No artigo 1º da orde, onde di: «... ás que estiveran adscritos vehículos cun peso máximo autorizado de ata 6 toneladas ...», debe dicir: «... ás que estiveran adscritos vehículos cun peso máximo autorizado de ata 3,5 toneladas ...».