Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de insignias de ouro con destino á Deputación da Coruña. (Expediente 99/5032 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de insignias de ouro con destino á Deputación da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: 10 de xuño de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 6.390.000 ptas=38.404,67 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 255.600 ptas = 1.536,19 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas do día 21 de maio de 1999.

Anuncio extenso: BOP da Coruña nº 103 do 8-5-1999.

A Coruña, 6 de maio de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña