Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 12 de maio de 1999 Páx. 5.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía do día de hoxe, apróbase inicialmente o proxecto de estudio de detalle e o proxecto de compensación dunha parcela sita en Cacheiras-Feros, tramitado a instancia de Vilares Lugo, S.L.

A parcela ten unha superficie neta de 3.820,67 m, e linda: norte: parcelas 425 e 433; sur: camiño público; leste: 433 e 432 e oeste: parcela 425 e 439.

O expediente exponse ó público na Secretaría do Concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Teo, 3 de maio de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde