Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.684

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

ANUNCIO da convocatoria do concurso de obras de urbanización do parque empresarial de Xove (1ª fase) polígono A.

Orzamento total: 93.651.071 ptas. (IVE incluído).

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C. Grupo A, subgrupo 2, categoría C. Grupo E, subgrupo 1, categoría B.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto técnico e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, 6-5º de 12 a 14 horas de luns a venres, a partir do día seguinte á publicación desde anuncio no DOG.

As proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas en horario de 12 a 14 horas nas oficinas de Xestur Lugo, ata o décimo quinto día natural, contado a partir ó da publicación deste anuncio no DOG ou o inmediato hábil seguinte se ó decimo quinto día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

Non se admitirán ofertas por correo.

A apertura das proposicións económicas, en acto público, efectuarase na sala de xuntas de Xestur-Lugo, ás 14 horas do terceiro día hábil seguinte, contado desde o último fixado para a presentación das proposicións.

O presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Rubricado