Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.684

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE LUGO, S.A.

CONVOCATORIA de asistencia técnica para a redacción de traballos de planeamento, proxectos de urbanización e direccións facultativas.

Destinatarios: profesionais ou empresas con experiencia na redacción e tramitación do planeamento parcial, proxectos de urbanización e direccións de obra.

Obxecto: asistencia técnica na redacción e tramitación de plans parciais e proxectos de urbanización de solo empresarial.

Condicións: valorarase: a) Experiencia demostrable, b) Deseño indicativo do planeamento, c) Medios técnicos e prazo de redacción, d) Proposta económica.

Finalidade: preténdese seleccionar profesionais ou empresas relacionados co obxecto do concurso.

Calquera dos concursantes seleccionados poderá resultar adxudicatario dos traballos, formalizándose os correspondentes contratos de asistencia técnica de acordo coas condicións que en cada caso se establezan.

Documentación complementaria: os interesados na presente convocatoria poderán solicita-lo correspondente prego de bases nas oficinas de Xestur sitas na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo.

Prazo: as proposicións económicas e demais documentación esixida para concursar, conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas ata as 13 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG ou o inmediato hábil seguinte se o décimo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

Lugar de presentación: nas oficinas de Xestur Lugo, praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo.

Apertura de plicas: a apertura de ofertas realizarase o terceiro día hábil seguinte, contado a partir do último para a presentación das ofertas económicas, na sala de xuntas de Xestur.

Lugo, 3 de maio de 1999.

Rubricado