Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, das seguintes contratacións: rehabilitación da igrexa de Santo Estevo, A Rúa (Ourense) e remate e acondicionamento final para a posta en funcionamento do Teatro-Coliseo Noela, Noia (A Coruña).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, das seguintes contratacións:

1. Rehabilitación da igrexa de Santo Estevo, A Rúa (Ourense).

-Orzamento de licitación: trece millóns oitocentas setenta e nove mil cincocentas sesenta e dúas pesetas (13.879.562 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: non se esixe.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

2. Remate e acondicionamento final para a posta en funcionamento do Teatro Coliseo-Noela, Noia (A Coruña).

-Orzamento de licitación: sesenta millóns de pesetas (60.000.000 de ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: quince (15) días.

-Garantía provisional. un millón duascentas mil pesetas (1.200.000 ptas.).

-Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas e os proxectos estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá de aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo