Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1999 pola que se anuncian, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, as seguintes contratacións: obra de execución de vivenda para garda e edificio de recepción-administración na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra); edición de 1.000 exemplares da publicación Camilo Otero.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, dos seguinte contratos:

1. Obra de execución de vivenda para garda e edificio de recepción-administración na illa de San Simón, en Redondela (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: trinta e tres millóns setecentas trinta e unha mil seiscentas cinco pesetas (33.731.605 ptas.), IVE incluido.

-Prazo de execución: catro meses e medio (4,5).

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2. Subministración: edición de 1.000 exemplares da publicación Camilo Otero.

-Orzamento de licitación: cinco millóns setecentas mil pesetas (5.700.000 ptas.), IVE incluido.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas, o prego de prescricións técnicas e o proxecto de obra estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións proviciais durante o prazo de presentación, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo