Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a ampliación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Top Wash, S.L., no concello de Arteixo (A Coruña) e se aproba o seu proxecto de execución (Expediente 97/265).

Visto o escrito presentado con data do 20 de abril de 1998 pola empresa Top Wash, S.L.con domicilio para efectos de notificacións en Avda. da Prensa, 85, 15142 Arteixo, solicitando a autorización administrativa da ampliación dunha planta de coxeración que se vai instalar no concello de Arteixo e a apro

bación do proxecto de execución da instalación completa, esta dirección xeral ten en conta os seguintes,

Feitos

Primeiro.-Por resolución da Dirección Xeral de Industria do 23 de outubro de 1997, autorizouse á citada empresa a instalación dunha planta de coxeración de 1.234 kVA, accionada por gasóleo, na súa factoría de Arteixo e incluíuse esta no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, dictada en desenvolvemento da Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía.

Segundo.-Con data do 28 de novembro de 1997, incluíuse no mencionado réxime especial unha ampliación da referida planta de coxeración.

Terceiro.-As características básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Un grupo motor-xerador de 1.234 kVA, alimentado por gasóleo.

-Un grupo motor-xerador de 1.100 kVA, alimentado por gas natural.

Un centro de transformación formado por dous transformadores de 1.250 kVA e relación de transformación 380/20.000 V.

-Instalacións de aproveitamento de calor, interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de baixa tensión, protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Cuarto.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 28 de abril de 1998 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 5-6-1998 e no BOP da Coruña do 30-5-1998, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso ningunha alegación.

Quinto.- O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumple coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.- No expediente instruído para o efecto cumplíronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, dacordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-la ampliación dunha planta de coxeración á empresa Top Wash, S.L., que se situará

nas súas instalacións do termo municipal de Arteixo, na provincia da Coruña.

-Aproba-lo proxecto de execución da instalación.

Calquera modificación das instalacións autorizadas riquirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995, (DOG do 14), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no plazo dun mes contado a partires do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 1998

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria