Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de abril de 1999 pola que se convoca o X Certame de Música Folk de Galicia Xuventude 99.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura,

especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, que a tra

vés da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa «Fomento da actividade xuvenil», que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas, así como a posta en práctica de medidas de apoio para os artistas, de acordo co Decreto 488/1997, do 26 de decembro, e o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 99.

Por todo isto

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca o X Certame Galego de Música Folk de Galicia Xuventude 99, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 3º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999.

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

X Certame de Música Folk de Galicia

Xuventude 99

I. Obxecto.

A presente convocatoria ten por obxecto a música folk, para grupos non profesionais, entendéndose por tal manter relacións contractuais con algunha compañía discográfica.

II. Participantes.

Tódolos grupos musicais formados por xoves galegos ou residentes en Galicia, cun máximo de 8 compoñentes.

III. Condicións xerais.

1. Os compoñentes do grupo terán entre 15 e 30 anos cumpridos no ano 1999. Soamente poderán superar estas idades o 10% dos compoñentes totais do grupo.

2. Non poderán intervir neste certame grupos que teñan asinado contrato discográfico.

3. Presentarase unha maqueta gravada en cinta cassette cun máximo de catro temas de duración máxima de 5 minutos cada un. A maqueta, acompañada das letras dos temas mecanografadas, presentarase dentro dun sobre pechado. No exterior deberá figura-lo lema do grupo e os títulos dos temas.

4. Noutro sobre pechado presentarase o boletín de inscrición e maila documentación que se indica no anexo II. No exterior deberá figura-lo lema do grupo.

IV. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso de solicitude que se indica no anexo II, e dirixiranse á directora xeral de Xuventude.

Os grupos participantes deberán presenta-las solicitudes xunto cos sobres pechados citados anteriormente no Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde residan habitualmente, que poderá ser en:

r/ Ronda da Muralla, 70-27003 Lugo.

Avda. de La Habana, 81-baixo-32004 Ourense.

r/ Durán Loriga, 9-1º-15003 A Coruña.

r/ Mª Berdiales 20-entreplanta-36203 Vigo.

r/ Benito Corbal, 47-2º-36001 Pontevedra.

Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o día 28 de maio de 1999.

A solicitude deberá ir acompañada de:

-Fotocopia do DNI por ámbolos dous lados ou da folla correspondente do libro de familia do/s participante/s.

-Declaración xurada de que a persoa ou grupo participante non ten asinado contrato discográfico.

V. Organización.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Pontevedra supervisará o certame.

VI. Desenvolvemento.

Despois da audición das maquetas presentadas, e atendendo a criterios de creatividade e calidade artística, o xurado seleccionará os grupos para actuar na fase final.

A fase final levarase a cabo o día 9 de xullo na Praza do Teucro de Pontevedra, e nela os finalistas interpretarán dous temas elixidos de entre os presentados.

Pechará o certame un grupo invitado para a ocasión.

Contarase coa presencia dun técnico de son á disposición do certame como único responsable deste, para a fase final.

VII. Premios.

1. Primeiro: 100.000 ptas. e gravación edición dun compact-disc cos catro temas presentados para poder participar.

Segundo: 75.000 ptas. e gravación edición de tres dos temas presentados.

Terceiro: 50.000 ptas. e gravación edición de dous dos temas presentados.

Enténdese que se gravará un compact-disc cos temas seleccionados.

Ós grupos finalistas entregaráselles un diploma que acredite a súa participación neste Certame de Música Folk de Galicia.

Así mesmo, entregaráselles en concepto de axuda por gastos de desprazamento e manutención a cantidade económica de 30.000 ptas.

Os premios obxecto desta convocatoria estarán suxeitos ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

2. Co disco editado cos temas dos gañadores deste certame faranse 500 copias, das que se entregarán 300 ós grupos gañadores para que as distribúan gratuitamente na forma que consideren máis oportuna. A estes efectos, entregaránselles 150 copias ó primeiro premiado, 85 ó segundo e 65 ó terceiro. As 200 copias restantes quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude, para a súa distribución na forma máis adecuada.

Os grupos autores do disco ceden os dereitos de autor á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para a edición e distribución dos discos citados anteriormente.

En ningún caso as copias editadas poderán destinarse á venda.

A empresa adxudicataria da elaboración dos compact-disc farase cargo do desenvolvemento, edición e pagamento de impostos (incluídos dereitos da S.G.A.E.). Así mesmo, deberá incluí-lo depósito legal.

VIII. Xurado.

Será nomeado pola delegada provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e pola delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra, e estará composto por persoas cualificadas no campo da música folk, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Pontevedra.

A decisión do xurado será inimpugnable.

IX. Destino e devolución das obras.

Os dossieres dos xoves premiados e seleccionados quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude durante o período das actividades que se desenvolven con motivo da presente convocatoria, e posteriormente, co consentimento do/s autor/es.

A documentación dos participantes que non fose retirada por eles ou persoa autorizada no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción da notificación coa decisión do xurado, poderá ser destruída ou utilizada pola dita dirección xeral na forma que considere oportuna.

Queda implícita a autorización do/s autor/es dos temas musicais participantes, á reproducción e publicación da imaxe ou contido deles por parte da consellería, por calquera medio que considere oportuno.