Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por poxa pública da obra de abastecemento e saneamento de augas no rural, zona sur de Tui-Randufe 1ª etapa da 4ª fase.

Prezo de licitación: 25.470.448 pesetas.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, en horario de 8 a 15 horas os días laborais e de 9 a 13 horas os sábados, a partir da publicación do correspondente edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións e demais condicións da referida poxa.

Tui, 23 de abril de 1999.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde