Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

En sesión extraordinaria da asemblea xeral da xunta de compensación do polígono I do SUNP-27, que tivo lugar o día 8 de abril de 1999, acordouse por unanimidade a aprobación inicial do proxecto de compensación do polígono.

De conformidade co disposto nos artigos 102.4º e 133.8º da Lei 1/1997, sométese a información pública o expediente polo prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podéndose consulta-lo expediente na sede da Xunta de Compensación, rúa Hórreo, 33, entreplanta, Santiago de Compostela, e no Servicio de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde