Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/294-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. Portavedra-Malvas.

Situación: Gondomar e Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20kV, de 7.161 m de lonxitude, con conductor tipo LA-78, desde Portavedra ata o C.T. que se proxecta en Malvas, concellos de Gondomar e Tui. C.T.de 50 kVA, a relación de transformación 15/20 kV-380/220V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra