Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/293-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui,S.A.

Domicilio social: Coruña, 20. 36900 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Casal-Ribadelouro.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 531 m de lonxitude, con conductor tipo LA-78, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Casal ata A Magdalena, concello de Tui. L.M.T. subterránea, de 520 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.,

desde o C.T. de Casal ata fábricas. C.T. de 1.000 kVA, relación de transformación 15/20-380/220 V. R.B.T., aérea, de 463 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3233