Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental das obras da autovía Ferrol-Vilalba, tramo Igrexafeita-Candamil. (Clave AC/98/144-0).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 20 de xaneiro de 1999, o estudio informativo autovía Ferrol-Vilalba. Tramo Igrexafeita-Candamil, clave AC/98/144-0, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante os Servicios Provinciais de Estradas da Coruña e Lugo as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artígo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, nos Servicios Provinciais de Estradas mencionados, e nos concellos da Capela, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Xermade.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo durante o período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, do 12 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; está exposto ó público para este efecto na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos Servicios Provinciais de Estradas mencionados.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1999.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas