Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.567

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de almacenistas de madeira, que tivo entrada nesta delegación provincial do día 6-4-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 24-3-1999. De conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, nove de abril de mil novecentos noventa e nove.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector

de almacenistas de madeira da provincia

de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son en representación dos traballadores as centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT e en representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira de Pontevedra (Asema).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria en toda a provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio obriga a tódolos almacéns e cooperativas de compravenda de madeiras, ben ó retallo ou por xunto e de importación e exportación.

Cando a empresa, ademais de dedicarse a algunha das actividades antes indicadas, explota industrias de elaboración ou transformación dos artigos propios do seu comercio de compravenda, xa sexa no mercado nacional ou comportador-exportador, respectará para o persoal, do que a actividade ou clase de traballo figura especificado neste convenio, as condicións máis favorables non sendo de aplicación a este persoal as doutros convenios que lles fosen menos vantaxosas.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores que presten servicios en calquera das empresas almacenistas de madeiras.

Artigo 5º.-Efectos económicos.

Independentemente da entrada en vigor do presente convenio, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 6º.-Duración.

O presente convenio rematará a súa vixencia o día 31 de decembro de 1999.

Artigo 7º.-Garantías persoais.

Tódalas condicións persoais máis beneficiosas consignadas en anteriores convenios, ou pacto entre patronal e traballadores, serán respectadas individualmente.

Artigo 8º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, percibirá, desde o 1 de xaneiro de 1999, as retribucións consignadas nos anexos deste convenio, acrecentadas, se é o caso, co premio de antigüidade.

Artigo 9º.-Revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos do consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1999 repecto ó 31 de decembro de 1998, un incremento superior ó 2,6%, efectuarase unha revisión da táboa salarial, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a indicada cifra. A dita revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 1999, servindo así mesmo

de base de cálculo para o incremento salarial do 2000. A revisión salarial pagarase dunha soa vez durante o primeiro trimestre do 2000.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto, os traballadores percibirán trinta días do salario establecido neste convenio, máis a antigüidade a que tiveran dereito, en cada unha das extras do 24 de xullo e Nadal. Así mesmo, todo o persoal afectado polo presente convenio, percibirá 30 días de paga extra, fixados na ordenanza laboral da madeira, que se pagará o día 19 de marzo de cada ano.

Artigo 11º.- Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, desfrutará por este concepto de 30 días naturais, dos cales 22, como mínimo, serán laborables.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O premio de antigüidade será calculado sobre o salario pactado neste convenio, a razón do 5% por cada quinquenio.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán a todo o persoal dúas pezas de roupa de traballo, que determina a ordenanza laboral, e dous pares de guantes ó ano. O incumprimento desta obriga dará lugar ó pagamento de 6.765 ptas. para a roupa e de 1.620 pesetas para os guantes.

Artigo 14º.-Compensacións.

Como complemento por enfermidade, as empresas a partir do cuarto día de baixa por enfermidade, pagarán ós seus productores a diferencia, ata a total do salario, incluídas as melloras obtidas por este convenio, durante o período en que o productor reciba asistencia polo seguro obrigatorio de enfermidade.

No suposto de baixas producidas por accidente de traballo as empresas completarán ata a totalidade do salario do convenio a correspondente prestación económica da Seguridade Social a partir do primeiro día da baixa.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidade da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxe ou desprazamento que lles impidan realizar xantares ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custos completa: 3.435 ptas.

-Media axuda de custos: 1.435 ptas.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso será pagado pola empresa, logo de coñecemento dela e posterior xustificación do traballador.

Artigo 16º.-Denuncia.

De acordo coa lexislación vixente, o presente convenio terá que ser denunciado con tres meses de antelación á súa data de remate que é o 31 de decembro de 1999.

Artigo 17º.-Xornada.

A xornada ordinaria anual de vixencia para o presente convenio, polo período 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro de 1999, será de 1.792 horas.

Establécese o horario de inverno en corenta horas semanais, segundo establece a Lei 4/1983, descansando os sábados; non embargante, para o período deste convenio e sen que sirva de precedente para outros, establécese o horario de 9 a 13 horas pola mañá e de 15 a 19 horas pola tarde.

Durante o verán, o horario que se establece, do 15 de xuño ó 31 de agosto, é o seguinte: de 7 a 15 horas, cada día laborable, descansando igualmente os sábados.

Artigo 18º.-Xornadas non laborables.

Para vixencia do presente convenio terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos os seguintes días: 7, 24 e 31 de decembro de 1999.

No caso de que algún concello da provincia sinale como festivo local algún dos días anteriormente referidos establécese como festivo en substitución o día laborable inmediatamente seguinte.

Artigo 19º.-Licencias.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis de vinte por cento das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

2. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este

dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.

Este artigo de licencias terá vixencia namentres sexa de aplicación o artigo 37.3º e 4º do Estatuto dos traballadores na redacción dada polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 22 de marzo.

Artigo 20º.-Revisión médica.

As empresas estarán obrigadas a xestiona-la realización dunha revisión médica anual para todo o persoal do cadro, sendo o tempo para ela retribuído, a través dos seus propios medios ou dunha entidade aseguradora.

Artigo 21º.-Taboleiro de anuncios.

Toda empresa estará obrigada a poñer no taboleiro de anuncios todo o relacionado con:

-Horarios.

-Lista de vacacións.

-Boletíns de cotizacións e Seguridade Social.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria integrada por tres representantes, un de cada central, e tres representantes da parte empresarial.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes, con primas íntegras, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte: 1.435.000 ptas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente, total, absoluta ou grande invalidez: 1.845.000 ptas.

Estas indemnizacións entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1999, e terán vixencia ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 24º.-Mesa negociadora.

Acórdase que, nos primeiros 15 días do mes de outubro de 1999, se constitúa a mesa negociadora do próximo convenio.

Artigo 25º.-Idioma.

O presente convenio publicarase no BOP e no DOG en galego e castelán.

Táboa salarial 1999

CategoríasSalario/mes

Persoal administrativo

Xefe administrativo 148.053 ptas.

Oficial de primeira 130.070 ptas.

Oficial de segunda 121.818 ptas.

Auxiliar, telefonista e mecanógrafo/a 107.970 ptas.

Viaxantes

Viaxantes corredores de praza 121.818 ptas.

Persoal en xeral

Dependentes 110.213 ptas.

Encargado 126.687 ptas.

Carreteiro mozo 109.083 ptas.

Peón especialista 110.213 ptas.

Peón 106.400 ptas.

Serrador de 1ª 121.818 ptas.

Serrador de 2ª 112.685 ptas.

Serrador de serra circular 112.086 ptas.

*Nota: os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de oficiais de primeira ou segunda, de acordo co seu carné de conducir.