Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 21 de abril de 1999 pola que se acorda a cesión de uso de bens mobles propiedade do Servicio Galego de Saúde a favor da Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud.

A Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud ten nas súas instalacións mobiliario propiedade do Servicio Galego de Saúde que lle é necesario para o desenvolvemento da súa actividade, polo que se considera pertinente proceder á cesión de uso deses bens.

Para tal fin o Servicio Galego de Saúde tramitou o expediente de cesión de uso de conformidade co

disposto no artigo 35 bis da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e no artigo 96 bis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, engadido polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (DOG nº 156, do 13 de agosto).

Por todo o exposto e en uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión de uso a favor da Fundación Foro Permanente Gallego e Iberoamericano de la Salud dos bens mobles que se relacionan no anexo.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse á actividade da fundación para a execución dos fins de interese xeral establecidos no artigo 6 dos seus estatutos.

b) A cesión outórgase por un período máximo de cinco anos prorrogable por períodos sucesivos de igual duración se así o acordase o Servicio Galego de Saúde, logo da petición da fundación.

c) Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado dentro do prazo inicialmente fixado no acordo ou deixasen de estalo con posterioridade, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán ó Servicio Galego de Saúde, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentasen.

d) O Servicio Galego de Saúde poderá comproba-lo cumprimento da obrigas que leva implícitas a cesión.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral do Sergas e o director da fundación, e deberá constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través da Secretaría Xeral e da División de Recursos Económicos, no marco das súas respectivas competencias, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón na presente orde.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

Relación de bens

Nº Uds.ArtigoMarcaModelo

1Mesa de cerdeira 200x198x74, con á pegadaArchiuttiEko

1Caixoneira con rodas a xogoArchiuttiEko

1Librería de 4 módulos, 2 con portas baixas e 2 con portas baixas e portas altas e cristal, 359x43x156ArchiuttiEko

1Butaca dirección, tapizado en napel negroKronLauro

8511

6Butaca confidente, 4 patas, tapizada a xogoKronLauro

8423

1Mesa reunións, en cerdeira, 118x74ArchiuttiEko

1Bandexa sobremesa en pelVilagrasaFil

1PapeleiraVilagrasaFil

1Colgadoiro-paragüeiro, en aceiro negroVilagrasa Ocean

Smoking

1Lámpada de sobremesaCarpyenTema

1Mesa madeira, con faldón, á e bloque rodante 263x82x74ArchiuttiVolo

1Librería de 2 módulos, de portas baixas e un módulo pechado para roueiro 225x42x195ArchiuttiVolo

1Butaca dirección, tapizada en courtisaneRovoRovofun

2075 SN

2Cadeira confidente, de 4 patas, a xogo coa anteriorRovoRovofun

2476 A

1Escribanía, de factopelVilagrasaCorolle

2Bandexa de correspondencia amoreable--

1Gobelete de sobremesa-C-30

1Papeleira--

1Lámpada de sobremesaFaseNutria

1Mesa informática, en faia, con bloque rodante, 160x80/200x60Archiutti9-27

2Librería con portas plenas e andeis 134x48x202Archiutti9-27

2Cadeira xiratoria, respaldo contacto permanente, tapizadoRovoRovofun

2045 SR

4Cadeira confidente, 4 patas con apoiabrazos, a xogo coa anteriorRovoRovofun

2125 A

1Mesa informática, en faia, provista dun bloque extensión de altura de mesa 160x80/120x60Archiutti9-27

2Mesa de xuntas con taboleiro ovalado 236x118x73ArchiuttiVolo

16Cadeira, 4 patas con apoiabrazos tapizadaRovoRovofun

2476 A

1Bancada de 3 prazas e dúas mesas cantoneiras, asentos tapizados e mesas de madeira--

1ParagüeiroM-114Platea

2Cinceiro-papeleira de aluminio cromadoM-114Arena

4Cinceiro de sobremesaM-114Krupa

4Papeleira metálica, negraMa-Of100

2Xardineira 100x25x35 con rega automáticaHobby

Flowers

Florada