Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a redacción do proxecto seguinte:

Obxecto: redacción do proxecto de demolición de cubertas na UA-13 Casa Sara.

Orzamento de licitación: 6.720.000 ptas. (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 268.800 ptas.

Prazo para a elaboración do proxecto: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 12 de abril de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa