Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO da contratación, por concurso con procedemento aberto, dunha póliza de responsabilidade civil por danos a terceiros.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.-Dependencia que tramita o expediente: secretaría.-Obxecto do contrato: póliza de responsabilidade civil. Prazo de vixencia: anual, prorrogable. Forma: concurso. Tipo licitación: 4.000.000 de ptas., impostos incluídos.-Garantía provisional: 2%; definitiva: 4%. Condicións: as establecidas no prego de prescricións técnicas particulares. Información e obtención de documentación: na Secretaría Xeral, teléfono 986 57 01 65, Ext. 15. Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentos que hai que presentar: sobre 1: Documento xustificativo da personalidade,(verificada a súa suficiencia, se é o caso). Declaración xurada de non estar incurso na prohibición de contratar do artigo 20 da Lei 13/1995. Fianza provisional. Informe de institucións financeiras acreditativa da solvencia económica e financeira. Sobre 2: Proposición económica adaptada ó modelo e condicións xerais e especiais da

oferta coas garantías complementarias, exclusións, franquímicas, etc. Apertura de sobres: ás 12 horas do día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Texto íntegro publicado no BOP do 6-4-1999. Facilítase na Secretaría Xeral. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 9 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado