Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.530

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 13 de abril de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 2 de novembro de 1998 (DOG nº 220, do 12 de novembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar deserto o posto de Sección de Habilitación na Secretaría Xeral (Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago), Cód. CUC020000315770009.

Segundo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo