Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.468

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, en expectativa de ingreso e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 4, punto 1º da Orde do 15 de marzo de 1999 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, en expectativa de ingreso, e procedemento de adquisición de novas especialidades, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a lista provisional de admitidos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, e de profesores de música e artes escénicas, coa indicación da modalidade de acceso pola que concorre cada aspirante e se están exentos da proba de coñecementos de lingua galega e lingua castelá nos anexos I, II, III e IV desta resolución respectivamente.

Segundo.-Declarar excluídos provisionalmente os aspirantes que figuran no anexo V desta resolución, polas causas que se indican.

Terceiro.-Os interesados poderán interpoñer, no prazo de 10 días naturais, as reclamacións que consideren oportunas, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1999.

Jaime García García

Director xeral de Persoal