Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 29 de marzo de 1999, o estudio de detalle para a modificación da liña de edificación do soar sito na praza de Martín Herrera esquina rúa Campo da Feira, redactado polo arquitecto José Antonio Hernando Ezquerra, por instancia de Elena González Gómez, referido a solo urbano do núcleo de Vila de Cruces.

De acordo co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública na Secretaría do concello polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para efectos de exame e reclamacións.

Vila de cruces, 8 de abril de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado