Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da execución das obras do proxecto de recollida de pluviais, estabilización de noiros e recuperación de pavimentos no parque do predio Matías de Vigo.

1. Entidad adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente 25964/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de recollida de pluviais, estabilización de noiros e recuperación de pavimentos no parque do predio Matías de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 14.999.227 ptas (90.147 euros).

5. Garantías provisionais: 2% do orzamento base.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas pre

vistas nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase a cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 27 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde