Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da asistencia técnica para a dirección técnica do mantemento dos campos de fútbol da Madroa, Balaídos e Barreiro do Concello de Vigo.

1. Entidad adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente 2250/333.

2. Obxecto do contrato: descrición: dirección técnica do mantemento do campo de fúbol da Madroa, Balaídos e Barreiro propiedade do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 2.500.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10.4 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 26 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde