Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (136/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria realizada con data do 9 de abril de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións na rúa Maside, zona 6 do S.U. 23».

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 do marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de abril de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente