Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-303).

Por resolución desta Alcaldía nº 1226/1999, do 1 de marzo do 1999, tomouse o seguinte acordo:

1º.-Resolve-las alegacións presentadas durante a exposición ó público, de acordo cos informes técnicos que constan no expediente.

2º.-Aprobar definitivamente a delimitación do ámbito do PERI-7, excluíndo as parcelas 17 e 19, así como parte da 15, como resultado das alegacións presentadas, tal e como se reflicte no plano elaborado para o efecto.

3º.-Aprobar definitivamente o sistema de compensación e o de actuación para o ámbito do PERI-7.

4º.-Dilixencia-lo plano elaborado polo técnico municipal co ámbito delimitado definitivamente.

5º.-Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia(DOG) e no BOP.

6º.-Notificarlles a tódolos afectados este acordo.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou da sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se reciba a notificación deste acordo.

Sen embargo, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderase interpoñe-lo recurso de reposición previsto na Lei

reguladora das facendas locais, segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos prazos establecidos no seu punto 2. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Oleiros, 10 de marzo de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-Presidenta